caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > 27-M en GZ
> 27-M en GZ <

1) Atendendo aos grandes números, os resultados do PP no noso país non son nefastos, pero a realidade é que experimentan un importante descenso e non gobernarán en ningunha das sete principais cidades galegas se como é razoábel se xeralizan os acordos PSOE-BNG, malia o feito de que en varias delas, caso de Coruña e Vigo, melloran notábelmente respecto do 2003. En conxunto baixa un 2% a porcentaxe de voto, que se sitúa por debaixo do 40%, e perden uns 250 concelleiros e en consecuencia unha morea de alcaldías. Para Feijoo é un claro triunfo; éxitos coma ese son os que levan a un partido de vitoria en vitoria até a derrota final.

2) Cunha cifra de votos semellante á do 2003, o BNG acada case setenta concelleiros máis e previsibelmente entrará nos gobernos das cidades máis poboadas; mesmo en Ferrol, onde sofren un espectacular descalabro.

3) A caída do PSOE na Coruña, maior da que todos agardabamos, é unha magnífica cura de humildade para un partido que leva gobernando a cidade de maneira máis ben despótica, en especial durante a etapa/lousa vazquista. Inxusto sería recoñecer os logros das súas seis lexislaturas en solitario; tan inxusto como negar o saudábeis que son os pactos.

4) En Sada, o BNG é a forza que recibiu máis apoios, pasando por riba do franquista confeso Monchoesmucho; e iso é algo que me alegra especialmente a min, que aínda gardo de recordo aquel ladrillo pisaconciencias.

5) Cal é o concello máis grande rexido polo PP? Lalín?

2007-05-28, 03:19 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/49792

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley