Detroit, Lift Up Your Weary Head! (Rebuild! Restore! Reconsider!). Foi esta canción do disco
Greetings from Michigan a que me fixo comprender que
Sufjan Stevens era un músico de talento insultante. Logo descubrín
Seven swans, un disco de esterrecedora e lánguida beleza, e despois a segunda entrega do seu "proxecto dos 50 estados",
Illinois, onde aparece
Jacksonville, unha espectacular demostración de grandeza que levo escoitado centos e centos de veces.
As de Sufjan Stevens son composicións cun alto grao de complexidade e sofisticación, así que non tiña claro que tal soarían ao vivo, mais como poden ver e escoitar, quedan xenial. A peza máis coñecida dese disco é sen dúbida
Chicago, que mesmo aparecía na banda sonora do filme
Little Miss Sunshine, e que aquí serve para pechar un concerto abraiante.
¶