Inicio > Historias > A muller é para o home e o galego, un dialecto
> A muller é para o home e o galego, un dialecto <
Sei por Chuza dunha entrevista "a corazón abierto" co centrocampista do Deportivo Sergio González Soriano, que se define nela como "una persona muy básica". Non fai falla que o xure, e non porque teña como canción favorita Bailar pegados e goste moito de Rocky III. A basicidade de Sergio, ou máis ben a condición de zoquete (seguindo unha das acepcións do dicionario da Real Academia Española, "persona tarda en comprender"), fica ben clara á luz destas declaracións:
P: ¿Cuántos idiomas habla?
R: Bien, sólo el castellano
P: ¿El catalán tampoco?
R: Sí, pero el catalán es un dialecto, no es un idioma, igual que el gallego. Es como el asturiano. Eso no son idiomas. Yo creo que son dialectos, no los considero idiomas. Y el inglés, tengo el del BUP.
Velaí a proba! Seica Sergio tarda en entender as cousas, pois se fose rápido co que lle aprenderon no bacharelato tiña bastante como para saber que o galego e o catalán teñen a mesma condición de "lingua" que o español, o inglés e o wolof. Vese que aínda non deu asimilado certas materias: déanlle tempo, que aínda é novo. Uns aniños de reflexión e poderá ir madurando algunhas ideas:
P: ¿Qué opina del matrimonio homosexual?
R: Es un tema muy complicado. La verdad es que según lo que digas te buscas la ruina, pero yo siempre pienso que el hombre es para la mujer y la mujer para el hombre.
Unha muller que debe ser "un poco más baja" (que el), morena e de pelo longo; o pelo é moi importante, "necesito que la combinación cara-pelo sea buena, más que el cuerpo". Non é estraño que un home tan espiritual sexa quen de pasar do romanticismo pegañento á sede con inesperada facilidade:
P: ¿Qué suele hacer después del sexo?
R: Si la persona con la que lo he hecho me gusta mucho, me encanta estar abrazado a ella. Si no, a lo mejor me levanto a por una botella de agua.
O raro é que isto saia no xornal que exerce de voceiro oficial do clube de fútbol que lle paga a nómina, do que se deduce que ninguén pensou que declaracións coma estas puideran darlle mala imaxe ao xogador. O triste é que un home nacido en democracia, con máis cartos e tempo libre que o común dos cidadáns (e polo tanto con recursos abondo para ler e formarse), exhiba sen pudor a súa mentalidade reaccionaria.
¶
jose, non é cuestión de "rirse" de alguén, senón de destacar o comportamento ignorante e reaccionario dunha figura pública. Non sei se haberá algún neno que de maior desexe ser tan bo xogador como Sergio (eu da súa competencia futbolística non opino), mais se houber algún, oxalá que teña máis prudencia (e máis lecturas) que o centrocampista catalán.
E a este ainda lle deixan xogar na selección de Cataluña?
A min non me sorprende, penso que a maioría dos futbolistas (non todos) teñen unhas ideas parecidas. Novos, com unha chea de billetes no peto, sen estudos e sen interese na cultura... Este é o resultado.
Interesante o concepto do "botellón correcto" que introduce na última resposta.
P: ¿Qué opina del botellón?
R: Es un asunto muy complicado. Yo pienso que tendría que ver (?) pero un poquito más controlado. Es que ya se confunde con romper cosas y liarla. Sé que la gente joven lo tiene muy complicado y las copas por la noche son muy caras. Por eso, creo que hay que hacer un botellón correcto.
P: ¿Cuál fue el último libro que leyó?
R: Fue "Encarcelado" de John Grisham, y lo leí hace mucho, lo leí en el último año con el Español. No soy mucho de leer libros, soy más de revistas del cotilleo. Me gustan mucho.
Hai unha morea de catedráticos, xornalistas e escritores que teñen moitos cartos e moita formación que tamén pensan que o galego é un dialecto e que a muller está feita para o home e o home para a muller. Iso si, non sei qué farán despois do sexo.
Abofé que si, cossimo; e cando lles deixen tanto espacio para esbardallar como acontece nesa entrevista con Sergio, comentarémolo no blog. Pídolle por favor que mo recorde, caso de que se me esqueza.
Claro que esse cidadão não deve ser um bom formador de opinião. Infelizmente essa diferença errônea entre idioma e dialeto é bastante popular ... principalmente para quem fala apenas um dialeto. :)
Este sergio non ten desperdicio ningun, como diria a ex-primeira dama noutrora "as peras coas peras" e como apuntillo eu agora co "os lerdos cos lerdos", sempre me tivo pintas de pouco agraciado no que sabiduria pero con esto...
Luis, que me ha precedido, siempre tan acertado en sus comentarios. La pregunta, aparte de (con ya ha dicho alguien) qué coño hace jugando con la selección de Catalunya, es... ¿Qué van a decirle los Riazor Blues cuando salga al campo?
Para mí que alguien de la revista oficial del Depor quiere cargarse la carrera de Sergio, y convertirlo en un Salva Ballesta de la vida (tan fascista convencido como trotamundos del fútbol). Si lo quisieran, habrían edulcorado las respuestas.
"e cando lles deixen tanto espacio para esbardallar como acontece nesa entrevista con Sergio."
Cómo? Vostede considera entón, que o espazo que se lle cede ao tal Sergio na revista do Depor é maior que o que disfrutan un catedrático da Autónoma ou un xornalista da Cope? Creo que non necesito recordarlle o carácter diario das diatribas homófobas, machistas e "unionistas" en determinados medios de comunicación. Volvaríase tolo con tanto post.
O que eu quería dicir é que un maior de nivel de formación non garante en absoluto, o respecto polas opcións vitais dos outros. Do dos cartos mellor non falar.
Iso é certo, cossimo, mais tamén sabemos xa que a COPE "fala para quen fala". Perigoso é que se introduzan de rondón declaracións tan desafortunadas coma esas nun medio aparentemente "neutro". Nunha sociedade como a que temos é frecuente que os deportistas (e en particular os futbolistas, que son os que máis presenza nos medios teñen) sexan postos como exemplo de traballo, esforzo, sacrificio, etc. Así é nunha morea de casos; por iso é bo salientar igualmente o compoñente fascista que agroma nalgúns deles (poucos por fortuna). Postos a poñer a alguén como exemplo, mellor Javier Gómez Noya, un supoñer, que o Sergio este, ou o xa citado Salva Ballesta.
Non sei, pero eu creo que os informativos(sic)aparentemente neutros (sic) de Telecinco resultan bastantes máis dañinos para a saúde mental (e democrática) colectiva cós vómitos dun xogador semidescoñecido. E non me diga que Tele 5 fala para quen fala.
Pois non lle nego que nalgúns informativos -e na miña opinión, os peores, con moita diferencia, son os de Antena 3- transmítense mensaxes realmente nocivos para a sociedade; o máis importante, o do "medo permanente", como ben explicaba Michael Moore en Bowling for Columbine. Mais iso non quita que me amolen, e moito, as declaracións dun futbolista do equipo da miña cidade, ese que segundo o seu presidente divulga e promociona o nome da Coruña polo mundo. Insisto nese carácter "exemplificador" do deporte e dos deportistas como razón suficiente para poñer o foco sobre os mendrugos que nese mundo hai.
Sinceramente cre que ese tipo representa a súa cidade? O Sir dicía cousas ás veces máis ofensivas cás deste mercenario do balón e supostamente, si ostentaba a representación (por mandato popular)da pequena Manhattan.
Un pode gañar a medalla de ouro nos 200 metros braza e ser un perfecto fascista. Supoño que iso é o que lle hai que ensinar a xente: que os deportistas (como os ferrallistas) son exemplo do que son.
Pois eu creo que o importante no é o que este tipo pense senon que dispoña dun espacio para publicalo, ¿a quén lle importa? ¿o importante non é como lle da patadas ó balón?
Coñezo xente que só lee a prensa deportiva (¿amarillismo para homes?sen dúbida) por iso debían ter mais coidado con estas cousas, cada un ó seu, salvo contadas escepcións, e neste caso co balón ten dabondo (ilustre apellido).
Non, cossimo, eu non creo que Sergio represente a miña cidade (de feito, non creo que haxa ninguén que poida representar unha cousa tan complexa como é unha cidade). O que si é certo é que as parvadas que diga Sergio teñen unha presenza nos medios que non teñen as que din/dicimos a maior parte dos cidadáns da Coruña: a maior repercusión das súas palabras aconsella unha maior prudencia. Que as opinións dun deportista (ou dun artista, ou dun xornalista) non teñan tanta importancia práctica como as dun político (que pode exercer logo en función dos seus prexuízos) non quita que sexa útil destacalas, coa esperanza non xa de que Sergio rectifique -alá el-, senón de que os rapaces que soñan con xogar no Dépor algún día se decaten de que competir en primeira división e non ser un zoquete son cousas perfectamente compatíbeis.
"senón de que os rapaces que soñan con xogar no Dépor algún día se decaten de que competir en primeira división e non ser un zoquete son cousas perfectamente compatíbeis."
Sería mellor, creo eu, que se decatasen de que soñar con xogar no Dépor é propio de zoquetes. (Relax, é brincandeira).
¡Que días máis estranhos!
...e que conste que o digo polos comentarios. Vostede non ten nen puta idea do bo axitador de masas que podía chegar a ser, senón fose porque anda sempre co freo de man tirado. :-)
O comentarista croata do Deportivo Hajduk ben o dicía (quedei abraiado): "os de Vigo e Coruña non se queren moito, e polo que vin, creo que Vigo é mellor cidade"
En fin, desgracidamente o deporte representa, dá fame ou quítalla ás cidades....
Otro motivo más para aborrecer el júrgol... Si estas fueran las declaraciones de Miss Teen USA a nadie le importaría que lo pusieras en evidencia, pero cómo se pican algunos al ver a sus héroes de testosterona en ridículo!
Dolores, se o din por min saiba que destesto a testosrena e máis o fútbol. O que non creo é que os futbolistas fagan máis o ridículo cá maioría dos intelectuais.
No me ha dado en absoluto la impresión de que tú te hayas picado. Lo decía, en concreto, por el tercer comentario . Voy a matizar una cosa, estoy de acuerdo en que los estudios no tienen nada que ver con los valores morales que puedas tener, pero es que además de ese detalle, la entrevista está plagada de alardes de ignorancia supina (que eso sí se cura leyendo), y digo alardes, porque el chaval además de reconocer que no sabe, manifiesta que le importa un carallo no saber. Y que me haya tenido que leer entero ese truño de 3 páginas...
Aí está xustamente a clave, penso eu: non se trata xa de non saber, senón de deixar ben claro que non tes ningún interese en saber. Un xogador de fútbol de primeira división ten bastantes máis cartos e tempo libre que calquera de nós, circunstancias que a pouco que estivesen unidas a unha mínima curiosidade por aprender lle permitirían escapar da condición de zoquete que algún exhibe impunemente. Por iso é triste ver que alguén se recree de maneira compracente na súa ignorancia, que diga sen vergoña que non le outra cousa que revistas de cotilleo, que reduce a súa "muller ideal" a unha atinada combinación cara-pelo, e que amosa en xeral unha visión do mundo impropia dun mozo nacido nos anos 70.
Non sei se o peor é el ou quen publica a entrevista. Non me sorprenden declaracións tan cazurras porque exixtir seguro que existen a moreas, pero o feito de difundir alegremente tal sarta de barbaridades dun xeito tan frívolo só se explica se os responsables da publicación superan os límites da cazurrería. Efectivamente, como dicía Lendoiro, o Depor leva a imaxe da Coruña polo mundo. Pois parece que o seu xornal aporta razóns suficientes como para que deixe de facelo.
Pois eu creo que o que nos sorprende é que se trata dunha ignorancia non intelectualizada (se se permite o pleonasmo). Insisto: a prensa está chea de analfabetos funcionais que nos bombardean coa súa banalidade sexista, os seus prexuizos lingüísticos e a súa mal disimulada homofobia. E non estou a falar só da Cope ou do Mundo.
Se cadra o que hai detrás de tanto suposto benestar é unha involución.
Eu eso non o discuto, o que pasa é que neste caso é máis que prensa. O depor sport é un xornal publicitario que se encarga de salvagardar a imaxe do clube. Se tendo esa labor, son capaces de publicar semellante entrevista, resulta aterrador o que pode haber nas catacumbas do Depor.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.