Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Entre les murs: a Palma de Ouro chega en decembro
> Entre les murs: a Palma de Ouro chega en decembro <
Segundo informa a distribuidora Golem, a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008 chegará ás salas comerciais o venres 12 de decembro. O título do filme en España vai ser La clase, que é o que coñecerá na súa exhibición internacional. Dirixido por Lauren Cantet, Entre les murs adapta unha novela de François Bégaudeau (tamén autor do guión e protagonista da película) para contar a experiencia dun profesor novo co multirracial alumnado nun instituto de París. O libro de François Bégaudeau estará para esa data nas librarías do país, e ademais en galego.
¶
Oín falar moi ben do filme, moi innovador e máis reflexiva (como bon producto francés) que outras películas deste subxénero académico: dende a brillante e pioneira Rebelión en las Aulas ata a máis dramática El Club de Los Poetas Muertos ata a refrescante Los Chicos del Coro...e que as aulas de profesores idealistas e alumnos conflictivos dan moito xogo ;)
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)