Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Aberto o prazo de inscrición no 36 Certame Audiovisual Internacional de Vilagarcía
> Aberto o prazo de inscrición no 36 Certame Audiovisual Internacional de Vilagarcía <
O veterano festival de curtametraxes organizado polo Liceo celebrarase do 6 ao 9 de novembro de 2008 (...) Na sección de competición poderán participar todas aquelas curtametraxes que teñan unha duración máxima de 25 minutos e cuxa data de realización sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2007.
O festival recoñecerá a calidade das curtametraxes premiadas cun total de 8 galardóns e máis de 15.000 euros, establecendo os seguintes premios:
PREMIO AO MELLOR AUDIOVISUAL: No que se establece un primeiro e un segundo premio.
PREMIO GALICIA: concederase á mellor curtametraxe cuxa versión orixinal sexa en lingua galega.
PREMIO ESPECIAL ANIMACIÓN: concederase á mellor curtametraxe de animación calquera que sexa a técnica empregada.
PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO: será concedido polo público asistente ás proxeccións que se realizarán durante os días do festival.
PREMIO LICEO CASINO: Concederase á mellor curtametraxe realizada por un director/a da comarca do Salnés.
O certamen crea ademais nesta edición dous novos premios:
PREMIO NOVOS REALIZADORES: Poderán presentar as súas curtas os/as alumnos/as que cursen estudos ou os cursasen á hora de realizar o traballo presentado a concurso- nun centro galego de ensino especializado (Facultades de comunicación audiovisual, Escolas de Imaxe e Son, Escolas Superiores de Cine e semellantes)
PREMIO ESPECIAL DO XURADO: Será concedido polo xurado atendendo a distintas motivacións (guión, interpretación, fotografía, etc.) debendo mencionar os motivos que fan á curtametraxe ou persoa merecedores do mesmo.
O prazo de recepción dos traballos, que desde hoxe poden enviarse ao festival, pecharase o 15 de setembro. Tanto as bases de participación como a ficha de inscrición están dispoñibles na web. ¶
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)