Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Só resta o amor
> Só resta o amor <

A publicación na editora de Nelson de Matos dunha tradución ao portugués de O único que queda é o amor do amigo e mestre Agustín Fernández Paz é un fito que non debe pasar inadvertido. É a primeira vez que un dos grandes da LIX galega aparece nunha (coidadísima) colección "para adultos", compartindo catálogo con figuras indiscutíbeis da cultura lusófona coma José Cardoso Pires, Pepetela e Manuel Alegre. Nunha aposta valente do editor, o autor é presentado xa na capa como un "fascinante escritor galego". Galego, insisto. Da mesma maneira, na lapela dise do libro que "Com ele a literatura galega toma lugar na nossa colecção", para logo engadir que é "Uma literatura fascinante numa língua irmã".

Traballados con mestría e sutileza, os relatos reunidos no volume acaban por compoñer unha verdadeira enciclopedia sobre o amor, e reivindican con emoción e saudade a súa capacidade transformadora, coa certeza de que amar fainos diferentes. A súa chegada ás librarías dun país que tamén temos por noso coloca ao bo de Agustín nunha posición de privilexio. E ben merecida, abofé que si.

actualización: no blog de Xerais, as primeiras críticas aparecidas en Portugal do libro de Agustín.

2008-07-09, 15:55 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/58456

Comentarios

1
De: Alfredo Ferreiro Fecha: 2008-07-09 23:30

Congratúlome por esa edición, e mando desde aquí os parabéns ao Agustín. É agradábel comprobar que o traballo feito con talento e rigor dá os frutos esperados.
Industria cultural galega? Si, mais o primeiro é traballar a este nivel. O primeiro é ofrecer calidade, non pedir "que nos recoñezan a existencia". Pois até os que só saben chorar existen.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.62 (14ee4eb600)
Comentario

tradución automática: es pt











axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

seis anos do prestige


O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley