Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Aínda non foi desta
> Aínda non foi desta <



O mellor poeta galego do século XX terá que agardar: o Día das Letras Galegas 2009 vai para Ramón Piñeiro. E o homenaxeado de 2010 será Uxio Novoneyra, así que vai ser mellor gardar a pancarta no caixón un par de anos.

2008-07-06, 01:18 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/58411

Comentarios

1
De: Cesare Fecha: 2008-07-06 09:47

Pois eu diríalle máis. Se en 2010 é Novoneyra, en 2011 debería ser Fraguas (en todo caso, non dous poetas xuntos). Quedará 2012 libre pra Pereiro, Carvalho e Díaz Castro, e o 2013 collido de novo pra Casares. 2014 volve quedar libre, sen ter en conta a Fernández e Morales ou a Delgado Gurrriarán, e o 2015 Manuel María. Co cal eu iría facendo a pancarta xa pra 2012. E campaña, campaña.



2
De: Antuan Fecha: 2008-07-06 15:55

Nom acho que Pereiro ou Carvalho levem o dia em 2012, polo que pode ser para Diaz Castro... E coido que o sistema cambia a partir de 2013, sendo vitalício para Carlos Casares :P

2012, última bala!!!!



3
De: Martin Pawley Fecha: 2008-07-06 21:38

En 2011 celébrase o centenario de Ernesto Guerra da Cal, mais sospeito que a Academia non o vai ter en conta. Os partidarios de Fernández e Morales apostan por ese ano para a súa homenaxe, aos 150 anos da publicación dos Ensaios poéticos en dialecto berciano.

O caso é que en 2011 conmemoramos tamén os 50 anos da publicación de Nimbos, así que eu empezaría a campaña para esa data, e se non nos fan caso, repetimos en 2012.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.62 (14ee4eb600)
Comentario

tradución automática: es pt











axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

seis anos do prestige


O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley