Eledhwen vén de sacar disco e á vista
dos seus bos resultados, eu probei a facer o mesmo. Isto é o que me quedou:
Todo consiste en compoñer a capa dun disco imaxinario seguindo estas instrucións:
-Ir a
esta páxina, que nos conduce a un artigo da wikipedia ao chou. O nome que saia será o da banda (no meu caso,
Rutherford).
-
Nesta páxina de citas célebres, coller as catro últimas palabras da última cita, coas que formaremos o título do disco. A miña cita foi unha de
Robert H. Goddard:
It is difficult to say what is impossible, for the dream of yesterday is the hope of today and the reality of tomorrow.
-A terceira foto que nos apareza
aquí será a capa do noso disco. A miña foi
esta de
Kit Kat / Kathie.
¶