Participou nalgúns dos mellores musicais de toda a historia do cinema, coma
The band wagon ou
Singin' in the rain, nos que brillou como bailarina, mais tamén nunha alfaia de Nicholas Ray,
Party girl, e noutra de Vincente Minnelli,
Two weeks in another town. A súa carreira esmoreceu a partir dos anos sesenta. Difícil será que lean artigos sobre
ela nos que non apareza a palabra "perna".
¶