Poñamos unha velita a San Antonio para que suban as conferencias do seminario a fascinación polo ceo estupendo arquivo dos museos coruñeses para que tamén poidamos disfrutar delas os que temos complicado acercarnos aí...
Pois desde logo non era "o meu" candidato, e dista moito de poder ser considerado o idóneo pola súa nula experiencia museística. Pero a quen lle corresponde tomar esa decisión é á Concelleira de Cultura da Coruña, non a min. Elixiu a Xosé Antonio Fraga, que non é precisamente un mindundi; alén do seu amplo currículum no ámbito da historia da ciencia e na docencia (ollo! dar clase non é o mesmo que facer divulgación!), sei por un bo amigo que é home serio e brillante, capaz de desenvolver o seu labor con tino. Haberá que darlle tempo e ver o que pasa, deixar que as cousas se calmen e pasar de certas histerias belicosas.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)