A Agrupación Astronómica Io celebra o fin do curso Divulgando as estrelas cunha última sesión adicada ao ceo de verán
Remata o exitoso ciclo de divulgación científica que a Agrupación Astronómica Io leva oito meses impartindo na Fnac da Praza de Lugo, na Coruña. Este martes 10, ás 19:30 horas, na clausura do curso, membros da Agrupación Io e da editorial LePourquoipas? ofrecerannos unha amena palestra centrada en distinguir as constelacións e planetas á vista no ceo de verán desde a nosa localización. Ese é precisamente o título desta última sesión, O ceo de verán, e supón un perfecto colofón teórico co que poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo do ano e poder gozar das noites de verán cun hobby tan apaixonante como entretido e enriquecedor. As choivas de estrelas, por citar un dos exemplos máis populares de observación astronómica do ceo de verán, xa non volverán a ser as mesmas despois desta sesión coa Agrupación Ío.
A Guía do ceo (ed. LePourquoipas?), á venta en galego e español, é unha ferramenta imprescindible para as observacións estivais. Recomendamos aos que xa teñan un exemplar da devandita Guía, que aproveiten para traela consigo e fagan as súas anotacións nas páxinas dedicadas aos meses nos que se concentrará esta charla. E quen non a teña aínda, que pregunte na sección de librería de Fnac. Un espléndido ceo de verán espéranos hoxe martes 10 de xuño, a partir das 19:30hs.
¶
O dono desta páxina, que son eu, enténdeo perfectamente, e agradece moito os comentarios do amigo Pedro Lemos, que ademais adoitan ser de exquisito gusto, non coma outros.
:)
i could write in tutti queste languages but je prefere scrivere in portoguese just for evitar mal entendidos .. hehehe .. um dia hei de andar pela galiza para aprender esse bonito dialeto e cantar as músicas do luar na lubre com sotaque adequado.
:)
tem um escritor famoso no brasil que defende a idéia de que escrever em português é uma questão de bom senso .. os alemães atribuem seus nobéis de literatura às facilidades de seu idioma .. os italianos dizem que ópera só fica decente quando cantada no dialeto de verdi .. e os franceses dizem que são mais bonitos porque fazem biquinho ao dizer je t'aime .. do meu ponto de vista, esta diversidade só faz o mundo ser mais divertido.
:)
Claro que si, Pedro. Ademais de divertido tamén fan o mundo moito máis interesante. O portugués é un espello onde se mira con orgulo o noso "idioma"
Ocorre que en todos os lugares do mundo hai parvos que só miran ao dedo e non ven o ceu :-)
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)