Esa antoloxía de despropósitos racistas incluída no final do filme "Bamboozled" ( a reinvindicar polos melenudos concienciados e modernistas deste novo século ) de Herr Lee ( ás veces mesmo Herr Spike atina cos seus propósitos denunciadores e a pesares da súa meticulosidade inquisitiva dos últimos tempos e non sempre moi atinada... ) da pé a pequenas reflexións aristocráticas...:
1) Até qué grao os negros-morenos-afro-americanos, permitiron todos eses despropósitos ou clichés cinematográficos-pseudo-sociais?? ( Ja... éste Herr Von ten en conta que hai que reflexionar encol da realidade social desa época ou mesmo o escaso "black power" que había daquela... ).
2) Transmutados eses clichés á Galiza, non semella mesmo que son os pobos pouco "fachendosos" da súa historia e as súas raigames culturais ( engadindo eiquí cuestións tamén socio-políticas ) os que permiten que tales desvaríos e visións foráneas se produzan até que os devanditos pobos, finalmente, acaden e revindiquen a súa própria história e conciéncia diferenciada de seu??...
Ah, qué cuestións éstas tan metafísicas pra un Conde xermánico a piques de comezar a dilettante e ordinaria estación do estío...
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)