O ser humano defínese como tal en liberdade. O cárcere é unha cruel anomalía, a vinganza dunha sociedade que encerra homes e mulleres e cre que desa maneira está a facer xustiza. Paréceme admirábel o labor daqueles que dedican o seu esforzo a abrir xanelas de esperanza nesa paréntese terríbel que é sempre unha condena. Desde hai oito anos, a xente da asociación
Nosotras Intramuros traballa no centro penitenciario de Teixeiro en programas de alfabetización e de formación. Agora o seu empeño é darlles visibilidade ás internas e poñelas en contacto co mundo que se estende alén dos muros da prisión. Queren que coñezamos as súas historias e facernos cómplices dos seus medos e as súas ilusións; que vexamos os seus rostros e escoitemos as súas voces. O blog
Chicass10 é unha marabillosa ferramenta de intervención, unha páxina escrita coa emocionante urxencia de quen sabe que o camiño é longo e por iso non hai que deterse nunca. Precisan o noso
apoio; o meu aquí llelo ofrezo, para o que for preciso.
¶