Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > A venus de cristal: Mulleres en Venecia
> A venus de cristal: Mulleres en Venecia <

“Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adivinatorios aprendidos en Exipto”. A primeira frase da contracapa coa que a editorial promociona A venus de cristal parece deixar clara unha saudábel intención de serie B, con ese protagonista enigmático que vive nun maxestoso palacio, oculta o rostro baixo unha máscara carnavalesca e traballa “con métodos que están fóra da comprensión humana”. Ingredientes coma estes debían facer que o prato tivese un agradábel arrecendo a folletín, pero a prosa requintada da autora quere apuntar nunha liña ben diferente: o libro ten unha certa vontade de transcendencia e agacha baixo a súa recargada imaxinería unha reflexión sobre a procura da beleza, co mito da inmortalidade e a perfección da xuventude asomando ao fondo.

Ambientada na Venecia do século XV, descrita de maneira tópica como unha engaiolante cidade de vicio e perdición, A venus de cristal convírtese nun estraño híbrido a medio camiño entre O perfume de Patrick Süskind e un serial bizarro ao estilo do Fu-Manchú de Sax Rohmer. Polas súas páxinas desfilan nobres intrigantes, prostitutas desdentadas e lascivas, escravas fermosas que tocan a cítara e no treito final Giuliano de Médici e Sandro Botticelli, enfeitizados os dous pola muller “máis bela entre as belas”, Simonetta Cattanei, de “palidez alabastrina” e co “candor reflectido nas súas delicadas formas”. Abenzoada pola brevidade, a noveliña de Chelo Suárez é un simpático despropósito que dificilmente pode inspirar animadversión e si porén moita tenrura. A obra formou parte da terna de finalistas do Premio Xerais no ano 2006: agora podemos comprender o atinada que foi a decisión dun xurado que escolleu como gañador a Diego Ameixeiras pola moi superior Tres segundos de memoria.

(Publicado en PROTEXTA, Suplemento de libros da revista TEMPOS NOVOS, nº 6, primavera 2008)

2008-05-20, 15:07 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/57503

Comentarios

1
De: Asombrosus Fecha: 2008-05-21 11:12

Asombroso e chusco o comentario, que non crítica literaria, (fáltalle un moito a Powel para exercer de tal) Moi ben escrita "A venus de cristal" non ten nada de tópico, e si moito de obra que trascende.Alfaia xa celebrada por moitos lectores, entre os que eu me conto.



2
De: Teodulio Áspero Fecha: 2008-05-22 14:06

A parte de desatinados e fóra de xogo os comentarios de Powel con respecto "A venus de cristal" todo un agasallo para os sentidos,comparala coa obra de Ameixeiras é improcedente, pois estamos a falar de dous libros excelentes e ben diferentes. Hai quizais un trasfondo nesta desaceretada opinión de rebaixar a calidade innegablemente literaria da venus?? Pregunto



3
De: Ovido Ordón Fecha: 2008-05-29 15:01

Veño de rematar a fermosa novela a venus de crital, un agasallo para os sentidos. A crítica arriba esposta refirese ao mesmo libro???



4
De: Ovido Ordón Fecha: 2008-05-29 15:01

Veño de rematar a fermosa novela a venus de crital, un agasallo para os sentidos. A crítica arriba esposta refirese ao mesmo libro???



5
De: Ovido Ordón Fecha: 2008-05-29 15:01

Veño de rematar a fermosa novela a venus de crital, un agasallo para os sentidos. A crítica arriba esposta refirese ao mesmo libro???



6
De: Ovido Ordón Fecha: 2008-05-29 15:01

Veño de rematar a fermosa novela a venus de crital, un agasallo para os sentidos. A crítica arriba esposta refirese ao mesmo libro???



7
De: Ovido Ordón Fecha: 2008-05-29 15:01

Veño de rematar a fermosa novela a venus de crital, un agasallo para os sentidos. A crítica arriba esposta refirese ao mesmo libro???



8
De: Ovido Ordón Fecha: 2008-05-29 15:01

Veño de rematar a fermosa novela a venus de crital, un agasallo para os sentidos. A crítica arriba esposta refirese ao mesmo libro???



9
De: Ovido Ordón Fecha: 2008-05-29 15:01

Veño de rematar a fermosa novela a venus de crital, un agasallo para os sentidos. A crítica arriba esposta refirese ao mesmo libro???



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.62 (14ee4eb600)
Comentario

tradución automática: es pt











axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

seis anos do prestige


O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley