CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Palabras modernas
> Palabras modernas <

Esta historia que conta leco lembroume unha escena que vivín nun taxi hai cousa dunha semana.

Eu: Olá! Lévame á rúa Fernando Macías?
Taxista: Calle Fernando Macías.
Eu: Rúa Fernando Macías.
Taxista: Calle Fernando Macías.
Eu: Rúa, rúa.
Taxista: Calle.
Eu: "Calle" diríao se falase en español, mais estou falando en galego e por iso digo "Rúa".
Taxista: A mí esas cosas del gallego moderno no me van. "Rúa" será una de esas palabras modernas. Aquí siempre se dijo "calle".

Aínda non me atrevín a facelo nunca, mais heino de ensaiar a próxima vez que algún taxista me traduza a rúa, ou que algún camareiro convirta o leite do café en leche: vou finxir que non comprendo ben o español á hora de pagar. E canto me dixo que era? "Uno con veinte" Perdoe, é que eu iso non llo entendo! Deben de ser palabras modernas!

2008-05-09, 11:43 | 15 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/57294

Comentarios

1
De: Modesto Fecha: 2008-05-09 12:47

Que emisora de radio tiña posta o taxista?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-05-09 13:02

Pois o certo é que non a tiña prendida, mais estou por dicir que non era a Radio Galega.



3
De: Lopo Fecha: 2008-05-09 16:35

Cobrarán "tres euros" e acabou o conto...



4
De: syldavija Fecha: 2008-05-09 20:38

Pague con 20 ou 50 Euros unha carreira de 2. Cando pida "cambio" fágalle o CELGA 1... tro-co!



5
De: syldavija Fecha: 2008-05-09 20:40

Por certo, a páxina web de GB ten unha sección de denuncias de discriminación lingüística, seguro que este caso é de seu interese.



6
De: syldavija Fecha: 2008-05-09 20:43

E terceira opción:

széretnel a rua Fernando Macias-ba menni, na, mennyi eurobe korübel lesz?

ou "iso" ou galego... eu fágoo e os taxista adoitan ter ate 9 vogais en galego... neses casos.



7
De: Herr Graf Ferdinand Von Galitzien Fecha: 2008-05-10 18:45


MEIN GOTT!!!... É unha mágoa recoñecer que por mor da grande idade ( e experiéncia engadida ) que éste aristócrata xermánico posúe, eses esperpénticos acontecementos lingüísticos non lle surpendan...

Por iso mesmo a alternativa que comenta Herr/Dame Syldavija ( probabélmente Iugo-Eslava polo seu nome... ) é unha excelente opción, isto é... por moi fundamentalistas e abducidos que sexan os protagonistas desas histórias de auto-ódio ( a COPE, prexuícios, vários, disglósia ridícula ), ao final coma a cabuxa vai para o monte, cando se presiona un pouco, saen os xenes própios ou mesmo os xenomas.

Por certo... por mor das vindeiras datas de celebracións lingüísticas que vostedes celebran de xeito desigual e dende logo moi hipócrita ( a risíbel pseudo mass-media pseudo-galaica ) terían vostedes que ter en conta dúas cousiñas:

- O galego está en perigo nas idades máis mozas, eses melenudos que nó empregan de xeito habitual ou no ámbito familiar por diversas cuestións moi variadas ( utilidade social, uso e desuso, a falacia evidente da litúrxia dos medios de in-comunicación... )

- O núcleo familiar ( moitas veces, polo menos até os últimos 30 anos, pais galego-falantes na súa intrínseca intimidade ) non emprega, polos motivos mencionados anteriormente, o galego cos séus vástagos, e as culpábeis son, debido á sociedade matriarcal galega ( calquera "galego erectus" lle dí ren á sua mariscala... ) as donas, as que realmente transmiten o idioma ós seus fillos ( en Xermánia até fai pouco iso era o costume habitual ).

Resumindo ( pois éste Herr Graf ten que atender outra soirée decadente ), a normalidade lingüística na Galiza é cousa dos próprios galegos*, de querer e apreciar a súa língua en todolos aspectos, familiares, sociais..., da cotidaniedade e sen complexos, algo tan sinxelo e mesmo parece tan complicado.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

* Imaxinan vostedes que Galiza fose un País de grande inmigración coma acontece con Catalunya?... se iso acontecese o galego estaría xa erradicado da terra coma o licor-café artesano...



8
De: kaplan Fecha: 2008-05-10 22:31

o que non dou entendido é a actitude indignada de leco cando resulta que (polo menos no blog) os dous pelachos falan en castelán, nun claro exemplo de diglosia que me ten atónito: onde está daquela o problema?
(deus, xa o soltei, e iso que hai anos que me angustia)



9
De: ghanito Fecha: 2008-05-10 23:43

Os pelachos teñen a sorte de falar e entender dúas linguas (ou mais) e abofé que non lle teñen que pedir a ninguén que lle fale na única lingua que entenden porque non entenden unha das linguas que se falan no seu país.

O problema non é falar castelán. O problema é falar só castelán.

E se ademais pensas que falar galego é menos xa tes completo o retrato dos Galicia Bilingüe.



10
De: Anónimo Fecha: 2008-05-11 03:41

Lo importante es la comunicación, no se por que hay gente que se lo toma tan a pecho tanto tu Pawley como el taxista...

Fernando Macias es Fernando Macias ya sea castellano gallego english germany o lo que quieras, si es que os liais solos!!!



11
De: Martin Pawley Fecha: 2008-05-11 20:57

Anónimo, estea tranquilo que a comunicación non está en perigo. Eu enténdome ben en galego con amigos que só falan castelán, e tamén con outros que viven ao sur do Minho que me falan en portugués. Ningún deles, porén, ten o estraño costume de repetir na súa lingua as palabras que eu digo na miña.



12
De: descalza Fecha: 2008-05-11 20:58

Eso lémbrame a un caso que lle pasou a un amigo meu o outro día. Deixara o coche nunha RÚA de Coruña e cando quixeron ir buscá-lo non lembraban ben o camiño de volta, asi que lle preguntaron a un home por onde se ía, e o home todo ofendido lle dixo: "Yo Rúa no te conozco ahora calle, sí".Manda napias..



13
De: Anónimo Fecha: 2008-05-12 03:37

Home, a de Fernando Macías pode ser rúa, e mesmo rueiro, pero a Real... a Real é Calle e ben Calle. E se non que o diga Descalza X-D



14
De: Anónimo Fecha: 2008-05-12 03:39

E queda terminantemente prohibido dicir, e mesmo pensar, "Pater, vaia ó carallo" ;-)



15
De: leco Fecha: 2008-05-13 12:56

Caro Kaplan,
Non garde as cousas tanto tempo, home, déixeas saír cando lles pete. Canto á miña indignación, moderada, iso si, provén só da falta de respecto do que interrompe de maneira descortés, como se estivese a ser vítima dun ataque. Decidín hai tempo que non calaría aos improperios e non só non o fago senón que cada vez respondo cun ton máis calmado mais sen esquecer nada do que penso.
Canto aos pelachos falaren castelán ten fácil explicación: seu pai e mais eu falamos na casa só galego, seus avós paternos só galego, seus avós maternos só castelán e eu con eles (con meus pais, porque sempre o fixen e nunca atopei razóns suficientes para mudar de lingua con eles).
Nunca nos pareceu boa idea forzalos a nada pero curiosamente o pelacho anda a falar moito galego connosco nos últimos tempos. Nós dicímoslle que o fai moi ben e que nos encanta que nos fale galego mais en último caso é cousa súa.
En canto á diglosia perfecta, creo que ese concepto non existe ;)
(E, por se non ficou claro, esta resposta está totalmente exenta de segundas intencións e segundos sentidos, de verdade)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario

tradución automática: es pt












doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos


cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley