CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Indielisboa 2008. Interludio fedorento
> Indielisboa 2008. Interludio fedorento <



As imaxes máis repetidas nesta edición do Indielisboa foron os comerciais de Meo, o servizo integrado de teléfono, televisión e Internet de Portugal Telecom. Os anuncios están protagonizados por Tiago Dores, Miguel Góis, Ricardo de Araújo Pereira e Zé Diogo Quintela, os catro membros do grupo humorístico Gato Fedorento, moi populares no país irmán grazas aos seus programas na SIC Radical e na RTP. Na orixe de todo isto houbo un blog, un dos primeiros en lingua portuguesa de que tiven noticia, cuxo nome facía referencia á canción Smelly cat que cantaba na serie Friends o personaxe interpretado por Lisa Kudrow. Non seguín apenas o seu labor televisivo, mais agora que temos Youtube é un bo momento para revisar o seu humor politicamente incorrecto, do que non se libra nin o primeiro ministro José Sócrates.



Moi razoábeis os seus consellos para aqueles que desexen dedicarse á política:



Fronte o tópico do futebolista de capacidade expresiva moi limitada, o entrenador do Braga Manuel Machadês fala português a mais:



O Gato Fedorento súmase ao debate sobre a localización do futuro novo aeroporto de Lisboa. A solución: Bragança.



No especial de fin de ano Diz que é uma espécie de Réveillon aprendéronos a facer unha boa entrevista en apenas oito leccións:



Esa foi a súa última participación na RTP: Gato Fedorento volve no mes de outubro á SIC cun programa do que aínda non se coñecen detalles. Os fans -entre eles o irmán de xabre- poden entreter a espera visitando a web Vídeos fedorentos, que recolle unha morea de clipes do grupo.

2008-05-04, 21:57 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/57180

Comentarios

1
De: ghanito Fecha: 2008-05-04 23:14

Había meses que non vía videos destes gatos fedorentos. Estou escachando coa risa



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-05-05 00:39

Eu coñecinos polo blog, mais perdinlles logo a pista; reencontreime con eles nesta viaxe a Lisboa, nas pantallas do cinema e no entusiasmo dun amigo lugués.



3
De: Manuel Busto Fecha: 2008-05-05 12:40

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com



4
De: xabre Fecha: 2008-05-14 18:33

Ei, un respecto! O Xabre tamén é fan! :)

Autobombo (de cando fomos visitar ao irmán do Xabre):
http://ouriceira.blogaliza.org/2008/02/20/air-braganca/

Isto de falar dun mesmo en terceira persoa é mesmo esquizofrénico.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2008-05-14 22:04

Hehehe... antes ou despois que o seu irmán? :-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario

tradución automática: es pt












doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos


cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley