Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > De cea con Santiago Auserón
> De cea con Santiago Auserón <

Hai posts que non precisan apenas redacción: basta con poñerlles un título descritivo. O concerto de onte estivo moi ben (se queren facerse unha idea aproximada, poden botarlle un ollo a estes vídeos), pero foi moitísimo mellor aínda compartir varias horas co artista na compaña da nai de Darío e da man dos pais dos pelachos, que lle fixeron unha interesantísima entrevista (agarden uns días para vela n'O levantador de minas). Durante a longa e feliz conversa asoman os nomes de Charles Dickens e de Juan Rulfo, de Nusrat Fateh Ali Khan e de Bob Dylan; alá pola madrugada mesmo acabamos por falar das representacións do ben e o mal. Culto e amábel, sinxelo e encantador, Auserón deixounos a todos unha impresión gratísima. Como non me vai caer ben un home ao que lle encanta Charles Mingus?

2007-10-21, 22:18 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/52942

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2007-10-21 22:50

E logo, ¿cómo é que non lle pedíu o autógrafo?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2007-10-21 23:57

Nin autógrafos, nin afotos. Non houbo momento que parecera apropiado para cousas tan prosaicas ;-)



3
De: Tati Fecha: 2007-10-22 00:15

HA-HA-HA



4
De: peke Fecha: 2007-10-22 12:29

Se a envexa fose tiña estábame rañando coma unha desesperada. ;)



5
De: a nai do Darío Fecha: 2007-10-22 18:00

... e falamos da literatura...y (sigo en castelán, que aun no llego a tanto, uf) y "pa colmo" conocí mejor al Mingus y me entraron ganas de saber más de jazz y música cubana...etc, etc, etc, etc...Una pasada de concierto-noche, de Santiagos (city y Auseron) y de compañía de la buena, con la que una crece...(y de cenaaaa, ja).
bsos



6
De: Alfredo Ferreiro Fecha: 2007-10-23 14:24

Eu non sei que dicir despois daquela noite. Só que no domingo me quedei absorto cunha mensaxe posíbel para empresarios e políticos: "Non hai riqueza material sen riqueza mental, e non hai riqueza mental sen riqueza artística".
Non sei se me entendedes...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.241 (abd9886ba3)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley