Non lles direi quen gañou os Premios Xerais, porque non o sei, malia algún que outro pálpito. O que si lles anuncio desde esta magnífica atalaia que é Cas Yáñez, a mellor casa de comidas da comarca de Compostela, e a poucos minutos de marchar para a Illa de San Simón, é que esta edición dos premios, que ben podería ser a máis blogueira de todas, vai ser tamén, iso é seguro, a máis blogueada. Permanezan atentos a todo o que se coce -e a todo o que se chuza.
¶
Eu fico muito contente com que Ameixeiras levasse o galardão. Parece que este está sendo o seu ano.
Quem não conhecia eu (serei ignorante...!) é o Agustín Agra. Será um nome/escritor que tenha de acrescentar à minha lista.
A todo isto, tenho autêntica curiosidade por ler o livro de Jaureguízar, saber como conseguiu integrar uma história no pequeno concelho fonsagradino de Negueira com o nome da Riefenstahl...
Non se preocupe, Uz: a Agustín Agra non o coñecían tampouco os de Xerais (Bragado confeosu que ao chamalo preguntoulle algo semellante a "ti quen vés sendo"). O nome da Riefenstahl aparece con relación a un dos personaxes, o avó do protagonista, que lle conta ao seu neto que nos anos trinta participou na rodaxe dos filmes da directora alemá.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.