Aínda que xa é un pouco tarde para dicilo, vouno contar aínda que só sexa para gardar pública memoria das cousas que facemos no
Extrarradio. No programa de hoxe ocupámonos da estrea de
Volver, o último filme dun Pedro Almodóvar empeñado en gustarlle a todo o mundo e que desta vez optou por non asumir riscos de ningún tipo, fabricando un producto innegabelmente bonito e vitalista, pero tamén un chisco frustrante para os que agardamos do manchego probas máis contundentes do seu talento.
Volver merecerá un post específico en próximos días, pero mentres tanto poden ir lendo
o que pensa El Pez. Mañá deixarémonos caer pola gala dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego, e diso tamén falamos nun
Extrarradio no que ademais demos unha volta polo cinema africano coa colaboración como cinéfilo do camerunés
Victor Omgbá. De cinema africano tamén habemos de falar a semana que vén nestes
días estranhos, e en especial do xovencísimo octoxenario Ousmane Sembene, aquel que nos deslumbrara o ano pasado con
Moolaadé.
¶