De neno flipábame que unha revista escrita en alemán puidera atoparse sen problemas en calquera quiosco, manoseada até a extenuación por feixes e feixes de leitoras na procura dunha saia ou unha blusa bonita. Aquel era o tempo dos sofás de escai, un periodo bastante menos próspero e polo tanto mais dado ao corte e confección caseiro, aos vestidos para as vodas cosidos en horas roubadas ao sono e aos pixamas herdados de irmán en irmán. Eu miraba aqueles patróns cheos de raias inintelixíbeis e parecíame imposíbel que de alí puidera saír algo coherente.
O pasado xoves morreuAenne Burda, a muller que converteu unha ruinosa empresa de modas nun enorme imperio editorial. Milleiros de armarios de todo o mundo gardarán por ela un respeitoso silenzo.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.