Cando hai sesenta anos o exército ruso liberou Auschwitz o mundo tivo noticia dunha das maiores barbaries cometidas polo home contra o home. As imaxes das foxas comúns e as pilas de cadáveres seguen atormentándonos, pero non deben facernos esquecer que en ningún caso son verdadeiramente representativas da realidade cotiá dos campos de concentración. Porque a realidade era, con certeza, infinitamente peor. Lonxe do estado de semiabandono en que os atoparon os aliados, a normalidade dos campos de exterminio apenas uns meses atrás era a dunha factoría de horror e morte, un lugar no cal con eficacia e disciplina xermánica eran gaseados e queimados a diario centos e centos de seres humanos, eliminados co mesmo desprezo rutinario e inmisericorde co que nos desfacemos das cousas que nos sobran. Ao réxime nazi sobrábanlle seres humanos. Podemos poñerlles etiquetas, para sermos precisos: sobrábanlle xudeus, comunistas, xitanos, homosexuais. Sobrábanlles todos os que crían que non eran coma eles. Seres humanos.
O xenocidio nazi fica para sempre como un referente de crueldade. Como tal, debera ter servido para aprendermos o que nunca podemos consentir que se repita, mais infelizmente o horror foise reproducindo, agachándose entre os ocos da nosa conciencia e conseguindo que ás veces nin sequera saibamos decatarnos da súa presenza. Aquel mesmo ano o ser humano constatou en Xapón a súa capacidade para destruír povoacións enteiras nuns poucos segundos. Logo vimos como nas ditaduras americanas (Brasil primeiro e despois Chile e Arxentina) se ensaiaban aínda mais refinados procedementos de tortura. En Ruanda, no 94, contemplamos con indiferencia o asasinato machete en man dun millón de persoas en tres meses, e co estado pretendendo estender a cifra de verdugos até un nível no que non houbese volta atrás posíbel. Mesmo nesta Europa que considerabamos vacinada contra o horror brotou de novo hai uns anos en Croacia ou Bosnia, de onde recibimos imaxes dolorosamente evocadoras. Mentres tanto o concepto de campo de concentración reaparecía aquí e acolá e ao tempo a humanidade ignoraba ou asumía esas outras masacres que asolan boa parte do planeta e que levan os nomes de malaria, SIDA ou fame.
Nada impide que todo isto se repita; por iso debemos lembrar. E non podemos escudarnos nese infantilismo perpetuo que consiste en negarse a ollar os froitos da atrocidade. Porque sentir como propio o sufrimento alleo é o primeiro e decisivo paso na loita contra a produción de odio.
¶
Copio e pego un post de Carlos Esperança no Diário Ateísta:
Não ao anti-semitismo
Mais de meio século decorrido, lembro-me do ódio das catequistas da minha infância. Recordo o horror e a sanha com que evocavam os judeus, que mataram «Nosso Senhor». Tenho presente o desvario boçal de quem julga com ignorância, condena com crueldade e exulta com as atrocidades.
Nessa altura, as crianças faziam a primeira comunhão vestidas de cruzados e o anti-semitismo devorava os corações de gente simples e analfabeta, submetida à fome, à miséria e à oração. Os demónios do anti-semitismo continuavam a habitar o catolicismo romano. Pio XII pontificava e a pusilanimidade do seu silêncio perante o Holocausto era compensada pela coragem com que denunciava a exiguidade dos trajos femininos.
Fez ontem sessenta anos que se abriram as portas do campo de morte de Auschwitz. A dimensão do ódio e da demência superaram a imaginação mais perversa. Treblinka e Auschwitz são nomes que arrepiam, lugares que envergonham a Humanidade, sítios que interpelam a consciência humana. Não podem ser esquecidos.
Pior do que o ódio para que os homens são aptos é a crueldade de que os deuses são capazes.
Em nome da vida, é preciso combater o racismo e a xenofobia, exorcizar o passado de violência, crueldade e morte que parece ressurgir diariamente. Em nome da memória é preciso prestar homenagem a seis milhões de judeus vítimas da mais ignóbil e feroz campanha de extermínio sistemático de que há registo.
O Diário Ateísta curva-se respeitosamente perante todos os homens e mulheres vítimas do ódio racial e da intolerância religiosa.
Non é doado recoñecer os síntomas da barbarie nun povo heteroxéneo e sempre silencioso. Pero ás veces abonda con botar unha ollada aos líderes que os guían: autoritarios, cheos de verdades absolutas, implacables...
...capaces de deter a persoas que se manifestan pola rúa, de pechar xornais, de participar en invasións contra a vontade dos cidadáns. Seguros de que é preferível o erro á dúvida.
Acho que o perigo está aí, justamente colocar a culpa dos males que ocorrem em uma religião(ou ausência dela), em uma nação, em uma opção sexual, na cor de uma pele...e por aí vai; achar que se pode ser um "Deus" e eliminar tudo o que se considera impertinente nesse mundo. Total falta de tolerância.
Logo está o problema de escala. Gregorio Ordóñez ou os secuestrados por Al Qaeda sofren a mesmo horror que un xudeo nun campo alemán, a mesma desolación ca algún iraquí a piques de morrer polas torturas nun cárcere xestionado por estadounidenses. Barbarie al detall, pero barbarie.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)